desenvolvemento de software e hardware a medida

Elaboramos solucións personalizadas de automatización e integración de sistemas para mellorar a eficiencia empresarial

Servizos de dixitalización
de procesos para pymes

O noso equipo de especialistas en enxeñaría de software e hardware deseña e executa proxectos a medida para automatización de procesos. Melloramos a eficiencia, rendibilidade e competitividade en pemes e micropemes, a través de tecnoloxías de vanguarda e de código aberto.

Os nosos servizos de dixitalización logran un triplo propósito:

Os nosos clientes son os verdadeiros propietarios das solucións que elaboramos
Desenvolvemos estratexias de tecnoloxía a longo prazo a través dun asesoramento personalizado
Optimizamos procesos elevando o negocio dos nosos clientes ao seguinte nivel

Proxectos de automatización

Cada proxecto é único e require dun enfoque individualizado para garantir o seu éxito.

Distribución e loxística​

Desenvolvemento e fabricación de sistema intelixente de estantes, inclúe o desenvolvemento de software e hardware e fabricación e integración de hardware.

Industria

Molde para encofrado de módulos de arrecife artificial, no que se realizou consultoría tecnolóxica e desenvolvemento de software.

Sociosanitario

Sistema de comunicación paciente-enfermeira con multiprotocolo con deseño e fabricación de hardware e software.

Asesorámoste en novas tecnoloxías e integramos solucións personalizadas